OS
LEGUMES
Nun
lugar da miña cociña convivían fabas e garvanzos, mais dende que
estas chegaron do supermercado non facían máis que loitar. As
disputas entre ambas surxiron por discusións sobre cal era a máis
importante:
-Nós
contemos máis hidratos de carbono, decían os garvanzos,
-Pois
nós máis fibra, contestaban as fabas.
E
así día tras día.
Levaban
xa case unha semana loitando e a ambas comezoulles a estrañar que o
dono da casa non aparecese, pois querían que fose él o que
decidise cal era mellor.
Ao
día seguinte chegaron unhas novas invitadas, eran as xudías. Para
marcar territorio as fabas comezaron dicindo as súas propiedades
para ver se as novas integrantes podían superalo.
A
reación das xudías foi de sorpresa, non comprendían o por qué de
tantas hostilidade, pois xa que tiñan que convivir que menos que
levarse ben. Entón tanto as fabas coma os garvanzos reflexionaron e
comezaron a levarse ben, mais nese momento entrou na cociña o dono
da casa e colleunas ás tres para botalas en auga fervendo e rematar
no seu estómago.